Está moi ben que todo o mundo se poña a honrar
a Mandela, pero a min gustaríame saber que pensaría Madiba de certas persoas
que hoxe "choran" con bágoas de crocodilo ou por ignorancia, a súa
morte.
- Que pensarían dun home que intenta liberar
ao seu país dun xugo?
- Que pensarian dun home que é apresado 27
anos porque loita contra un sistema inxusto?
- Que pensarian dun home que emprega un
deporte cun fin político?
- Que pensarian dun home que ergue o puño como
forma de protesta?
- Que pensarian dun home que con orgullo
felicita e dá as grazas a Cuba?
- Que pensarian dun home que fai protestas
publicas queimando documentos de identidade que para el non representan nada?
- Que pensarian dun home...
Estou seguro de que el sentiría moita pena
polas persoas que hoxe choran a súa morte e perseguen a esas persoas que
representan o pensamento de Madiba.
Até sempre, Madiba!
No hay comentarios:
Publicar un comentario