martes, 18 de septiembre de 2012

Até sempre Carrillo

Santiago Carrillo. Querido por moitos e odiado por outros tantos, incluso pola súa xente. O home non é perfecto e comete erros. A pesar das equivocacións que puido cometer estivo firme cando houbo que loitar. Defendendo uns ideais de democracia e liberdade. Aínda que moitos queiran perverter a historia. Pra eses que critican a Carrillo por loitar nunha guerra, que supoñía o retroceso e a represión. Pra eses que o critican por ser precavido e intentar non levar o seu país a unha nova guerra. Dígolles: que non profanen o pasado e sexan consecuentes coa historia vivida. Que un home dedique a súa vida a levar a democracia e os dereitos fundamentais pra que unha persoa sexa digna, é un heroe. Até sempre Carrillo.

Dolores Ibárruri e Santiago Carrillo

No hay comentarios:

Publicar un comentario