domingo, 1 de julio de 2012

Tolos polo fútbol


Non crea que sexa adiviño, nin un profeta, pero non fai falla ser moi listo pra saber que despois deste partido, gañen ou perdan. Moitos e moitas cando deixen de estar atontados polas cores e volven o mundo no que viven, e vexan as "reformas" que se tomaron, estou máis que seguro que voltaran a indignarse. Tan só dicirlles, que xa é tarde, pero aínda non está todo perdido. Advertirlles de que cidadán hai que selo cada día e nunca baixar a garda. Pero pra que direi nada, son un amargado retorcido que se indigna o ver como lle poñen a vida máis dura con recortes e malas xestións por parte do goberno, pero que máis dá, non deixo de ser ese amargado. Vou parar de dicir tonterías e amargar a xente neste día, que hoxe hai que celebrar algo histórico. Como un goberno lle mete un golazo o seu pobo cun copago sanitario, mentres celebran un partido de fútbol. #Españistán

No hay comentarios:

Publicar un comentario